Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-488
Clasificación Genérica Libros; Orde de Santiago; Temática xacobea
Objeto/Documento Libro relixioso
Autor/a Anónimo
Título Regla y Constituciones de las Religiosas de la Orden de Santiago
Materia/Soporte Pel [Cubertas: pel. Follas: pergameo]
Pergameo
Técnica Manuscrito
Dimensiones Altura = 27,80 cm; Longo = 2 cm; Anchura = 19,90 cm
Descripción Libro manuscrito en pergameo que recolle, consonte indica o seu título, as regras e constitucións das monxas comendadoras coñecidas tamén como santiaguistas. Presenta cubertas de coiro con restos de antigos ancoraxes para peche. Portada con título e data en vermello e negro e trinta e oito folios escritos a man encadrados con filetes nas mesmas cores que na portada. Algunhas capitais no inicio dalgúns parágrafos e títulos aparecen resaltadas en vermello.
Datación 1615
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca España (Europa do Sur, Europa)
Uso/función Normas para a vida conventual das Comendadoras de Santiago
Clasificación Razonada As reglas e constitucións supuñan a normativa básica e inquebrantable que rexía determinadas institucións relixiosa. Todos os seus membros tiñan obriga de as coñecer e tamén de as respectar con esmero.
Neste caso figuran as vixentes en 1615 para as relixiosas da Orde de Santiago, coñecidas como comendadoras ou santiaguistas. Esta orde, que ven ser a rama feminina de Orde de Caballería de Santiago, crearíase na segunda metade do século XII, con obxervancia á regla de san Agostiño
Afonso VIII fundaría o primeiro mosteiro feminino da Orde de Santiago en 1186 no lugar de Cozollos (Palencia), baixo a advocación de santa Eufemia, se ben nun principio era dúplice (para homes e mulleres). Inicialmente nutríase de mulleres procedentes de familias vinculadas dalgún xeito á versión masculina da Orde. Era frecuente que ingresasen mulleres desexosas de imitar a vida de entrega, de fe e de valor dos seus maridos; dese xeito tamén podían someterse á continencia na súa ausencia por mor de confrontamentos militares ou autras accións propias dos cabaleiros.
Na actualidade existen mosteiros de comendadoras de Santiago en Toledo, Granada e Madrid.
La existencia de comendadoras no es exclusiva de la Orde de Santiago. Las demás órdenes militares disponen igualmente de sus versiones femeninas.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 08/02/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6